A alta demanda eleva a cotización do marisco en Rianxo

    RIANXO> Bo prezo e marisco de calidade, aínda que as capturas non están a ser moi elevadas. Este é o balance que fai o patrón maior de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, do que vai de campaña marisqueira de verán nas súas concesións. A campaña marisqueira de verán en Rianxo está a resultar mellor do agardado. O prezo que está a acadar o marisco en lonxa está a ser máis que aceptable, o que lle permite os mariscadores poder sacar un xornal digno. Aínda así dende o pósito rianxeiro quéixanse das escasas capturas e das dificultades que están a ter os produtores para coller os topes marcados. As zonas de traballo para o marisqueo a flote está a ser Tanxil e Salto Ladrón, mentres que os mariscadores de a pé non están saíndo, ó non haber marea estes días. Durante a campaña de verán os prezos dos bivalvos increméntanse notablemente porque o bo tempo estimula a demanda e tamén pola presenza de turistas. A intención do pósito rianxeiro é manter a campaña ata setembro, aínda que todo dependerá de como quedan as zonas de traballo.Aínda así dende a confraría rianxeira confían en que este bo arranque se prolongue durante toda a campaña estival. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/14/campana_marisqueira_veran_rianxo1407161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/14/campana_marisqueira_veran_rianxo140716.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí