A entrada de aire frío fai remitir temporalmente a vaga de calor

    BARBANZA> Beber máis líquido do habitual, evitar comidas copiosas ou manter baixas as persianas durante o día, son algúns dos consellos que os expertos recomendan para evitar desgustos durante a onda de calor que vivimos nestes últimos días. O Barbanza non se librou da primeira gran vaga de calor do verán. Durante esta xornada acadáronse na comarca os 32 graos centígrados, cunha sensación térmica maior, sobre todo nas horas centrais do día. Cada un fai o que pode para aturar as altas temperatura, pero os expertos sinalan que é primordial ter en conta unha serie de recomendacións para protexerse desta calor A partir deste martes as temperaturas deron unha tregua. A entrada de aire algo máis frío, fará que baixen os termómetros, polo que a pesar de continuar baixo os efectos do anticiclón, teremos un pequeno respiro. Iso sí, pensando na próxima onda de calor, é vital que tomaran boa nota destes consellos.