RIBEIRA> A comunidade de montes de Olveira denuncia a falla de transparencia na xestión por parte da xunta directiva. Demandan ter acceso á información para coñecer o estado das contas e as actas das asembleas.
O sector crítico da o Comunidades de Montes de Olveira denuncia opacidade na xestión por parte da directiva que non permite ós socios ter información sobre o estado en que se atopa a entidade. Din que, ademais de non poder acceder ós libros de conta, tampouco se permite a participación a través do apartado de rogos e preguntas nas asembleas.
Denuncian tamén a falla de información sobre a última tala nos terreos da comunidade que supuxo a extracción de mais de 500 toneladas de madeira e o investimento de fondos públicos naquelas parcelas que forman parte do Parque Natural.
A pesar de ter presentado o cese voluntario tras mais de 30 anos á fronte da entidade, a directiva continúa aínda exercendo como tal. Ante esta situación, os comuneiros valoran a contratación dunha auditoría externa para saber se se cometeu algunha irregularidade.











