A Romaría de San Roque e a Festa da Ameixa enfrontan a Carril

    VILAGARCÍA> Por primeira vez as Festas de San Roque e a Festa da Ameixa coinciden no mesmo día. Unha situación que se está vivir con “tensa calma” en Carril. A Comisión de Festas de San Roque e a Confraría de Pescadores non atopan un punto en común para que ambas festas se celebren sen que unha interfira na outra. Este martes era o alcalde de Vilagarcía o que recibía a ambas partes para intentar mediar no conflito. 

     

    A celebración de dúas das grandes festas do verán, a tradicional Romaría de San Roque e a Festa da Ameixa, ámbalas dúas en Carril, cadran no almanaque por primeira vez. Unha situación que dende a comisión de festas creen que se solapan, tal e como están previstas.

    Pola súa banda o Patrón Maior de Carril, afirma que non existe ningún problema para que ambas festas se celebren a vez, e ademais admite unha boa disposición por parte da confraría para que non se solapen ambas actividades. 

    Incompatibilidades como a instalación da pirotecnia no peirao de Carril, ao mesmo tempo que se desenrola a regata de traíñas, que terá ateigada de público a zona, ou a colocación de taquillas para adquirir os tickets para a Festa da Ameixa, interrompen o tradicional percorrido de San Roque. 

    Unha situación que desembocou nunha reunión co alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, na mañá deste martes, na que ambos colectivos; por un lado a comisión, e por outro a confraría lle pediron a súa mediación, para tentar resolver un problema que ten en vilo a poboación de Carril, a menos dun mes para a celebración de ambos festexos. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/19/conflito_festas_carril_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/19/conflito_festas_carril.mp4{/flowplayer}