Instaurar a ‘zona azul’ como solución aos problemas de aparcadoiro

    SANXENXO> O Partido Popular aposta por establecer un sistema de aparcadoiro rotativo en Sanxenxo e Portonovo. Para Telmo Martín, instaurar a zona azul durante o verán nas áreas de aparcadoiro libre axudaría a paliar os problemas de espazo que teñen os dous núcleos. Segundo os populares, o servizo tería un custo simbólico e beneficiaría a comerciantes e hostaleiros.

     

    Instaurar a zona azul en Sanxenxo e Portonovo durante o verán, é a proposta do Partido Popular da vila para paliar os problemas de aparcadoiro que rexistran estes dous núcleos. A idea presentouna esta mañá o seu voceiro, Telmo Martín.

    Segundo Martín, a medida non suporía un gran esforzo para o concello, e durante as principais horas do día beneficiaría a comerciantes e hostaleiros.

    Para os populares, os problemas de aparcadoiro son só unha das cuestións ás que o goberno tripartito de Sanxenxo non puxo solución. A perda de seis bandeiras azuis, o retraso no arranque da feira de artesanía de Portonovo e os problemas que se están a rexistrar no Porto Deportivo pola marcha nocturna, fan que o PP cualifique de “fiasco” a xestión do equipo de Gonzalo Pita.

    Martín compareceu esta mañá xa como presidente do Partido Popular de Sanxenxo. No congreso local celebrado onte, o primeiro en 23 anos, a súa foi a única candidatura e conseguiu o 97,6% dos apoios dos afiliados. Ante o auditorio, Telmo Martín comprometeuse a deixar a pel para recuperar a alcaldía de Sanxenxo e impulsar a modernización da vila.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/18/sanxenxo_telmo_veran.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/18/sanxenxo_telmo_veran.mp4{/flowplayer}