O BNG da Pobra propón medidas para dinamizar a biblioteca municipal

    POBRA> O BNG da Pobra do Caramiñal proponlle ó equipo de goberno levar adiante unha campaña de dinamización da lectura e a adaptación do horario da biblioteca municipal. Dende a formación nacionalista pídese tamén a ampliación do seu horario e a busca dun novo local máis acaído as necesidades actuais. Para o BNG a biblioteca municipal, situada no edificio do ISM, non cumpre hoxe en día os requisitos fundamentais para este tipo de instalacións, que buscan promover a educación e o fomento da lectura. Un dos principais problemas é o seu horario, moi reducido, o que dificulta o acceso para moitos usuarios. Unha razón fundamental pola que solicitan a súa ampliación. Tampouco concordan co espazo. Os nacionalistas pídenlle ó Concello que estude a posibilidade de trasladar as actuais dependencias da biblioteca a outras instalacións que sexan municipais e máis acaídas ás necesidades actuais. A maiores solicitan tan que se poñan en práctica plans de actividades de fomento da lectura,a creación dun voluntariado cultural e que se estableza tamén un sistema que permita o achegamento dos fondos da biblioteca a tódalas parroquias.