Grandes expectativas para a II Carreira ‘Noite Barbantia Jealsa’

    BOIRO> Bo ambiente, deportividade e unha alternativa nocturna aos máis novos son as premisas coas que se presentou en Boiro a segunda Carreira “Noite Barbantia Jealsa”, que percorrerá as rúas do concello este sábado. Será a partir das nove e media da noite cando comece esta orixinal e nocturna carreira popular que chega xa á súa segunda edición. O edil de Deportes de Boiro, destacou o éxito que tiña xa a primeira edición. Organizada por Barbantia Roda, e patrocina Jealsa Rianxeira, a carreira terá un percorrido de 8 quilómetros en total. Para os categorías senior e veteranos, a inscrición é de 5 euros. Desde Jealsa animaron a participar nesta festa deportiva a tódolos veciños, en especial, á mocidade {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/20/presentacion_carreira_nocturna_barbantia200720161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/20/presentacion_carreira_nocturna_barbantia20072016.mp4{/flowplayer}