A inauguración da feira do libro de Rianxo convértese nunha homenaxe a Fernández Paz

    RIANXO> Música e literatura foron da man na inauguración da cuarta edición da Feira do Libro de Rianxo. Diversas autoridades asistiron á actuación de Pepe Sandón e Sabela Galbán “Historias por escribir” e ao pregón da rianxeira de adopción e Premio Nacional de Poesía, María do Cebreiro. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común, meirande e poderosa…Son as verbas do poema “A Fala” do rianxeiro Manuel María, a quen este ano adicamos as Letras Galegas, e que describen o lema desta nova edición da Feira do Libro de Rianxo. Catro días nos que esta praza de Castelao, facendo honra ao seu nome, convertiráse no epicentro da cultura galega.Un acto no no tamén se rendíu homenaxe ao recén falecido Agustín Fernández Paz, e ás letras galegas en xeral.