Aparece o corpo dun veciño de Ribeira flotando na súa piscina

    RIBEIRA> Aparece morto na súa piscina. O corpo sen vida dun veciño de Ribeira de 71 anos aparecía flotando no interior da piscina que ten na súa horta. Á espera de coñecer os resultados da autopsia, todo apunta a que a morte se debeu a causas naturais. Nesta vivenda de Ribeira, no número 23 do lugar de Frións, foi onde se produciu o suceso. Ó parecer foi a propia dona da vítima a que alertou ós equipos de emerxencia, ó descubrir ó seu home, L.R.M., de 71 anos, flotando cabeza abaixo no interior da piscina que teñen na súa horta. Ata o lugar do suceso achegáronse efectivos do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal, persoal médico do Centro de Saúde e tamén da Policía Nacional, así como unha ambulancia do 061. Tamén foi requirido o helicóptero do 112, aínda que finalmente non chegou a intervir, unha vez que os equipos de emerxencia certificaron a súa morte. Á espera de coñecer os resultados da autopsia, todo apunta a que morte se puido deber a causas naturais.