OUTES> A concellería de Turismo e Patrimonio que dirixe Sol Agra, da man da empresa Tremuzo, Historia e Patrimonio, vai a organizar este outono un total de seis andainas que servirán para dar a coñecer o rico patrimonio co que conta o municipio. A primeira delas será xa este vindeiro domingo pola parroquia de Roo.
As andainas estarán abertas a veciños e visitantes. Serán de balde con percorridos sen demasiada dureza, de dificultade moderada. Só se precisará inscrición previa, que poderá realizarse na casa de cultura ou ben a través da propia páxina web municipal: outes.gal.
Dende o Concello convidan a participar e vivir unha experiencia enriquecedora.








