Deira primará os intereses dos afectados polo trazado da autovía

    BOIRO > O alcalde de Boiro posicionouse ó lado dos veciños de Vilariño e Espiñeira afectados pola modificación do trazado da autovía do Barbanza

    O rexedor local non permitirá o inicio das obras no seu concello mentres non se resolvan as alegacións dos veciños de xeito favorable. Por este motivo xa remitiu un escrito á Consellería de Política Territorial solicitando información sobre o proceso en que se atopan os trámites. Dende a administración autonómica sosteñen que se están a buscar distintas fórmulas para evitar prexuízos ós veciños. Sen embargo, mentres non se plantexe unha alternativa favorable para os propietarios de Vilariño e Espiñeira, o alcalde boirés non autorizará o inicio das obras neste término municipal.

    Coa modificación do trazado inicial para a construción da autovía do Barbanza, varias vivendas quedarán practicamente encaixadas entre o futuro vial e a estrada Boiro-Noia. Os afectados xa presentaron alegacións solicitando que se estableza unha distancia mínima de quince metros ou, de non ser posible, que se proceda á expropiación das viviendas é á súa permuta por outras.

    Por outra banda, Xosé Deira insta á Consellería de Política Territorial a manter informado ó executivo local dos avances ques e realicen no proceso. Neste sentido, o alcalde sostén que aínda non lle foi remitido o estudo das posibles modificacións.

    Redacción Barbanza