Tres detidos en Vilagarcía nunha operación antidroga

    VILAGARCÍA> Cinco detidos nunha operación antidroga en Galicia, 3 deles en Vilagarcía de Arousa. A Policía Nacional arrestou esta mañá a un home e unha muller de nacionalidade colombiana e a outro varón resposable do  bar Don Piano.

     

    Todo parece indicar que este operativo ten relación co apresamento dun barco con oito toneladas de hachís hai uns días no mediterráneo. 

    A Policía Nacional detivo esta mañá a tres persoas en Vilagarcía de Arousa no marco dunha operación antidroga na que hai 5 arrestados en toda Galicia. 

    En Vilagarcía foron arrestados un home e unha muller de nacionalidade colombiana no piso número 18 da rúa Camilo José Cela de onde sacaron un bote de plástico e unha caixa chea de bolsas, e  tamén foi arrestado o resposable do bar Don Piano, considerado un dos financiadores do alixo. 

    O operativo organizado polo EDOA da Garda Civil de Lugo e polo GRECO de Pontevedra continuou  con novos rexitros en Vilagarcía e Catoira, así como en Madrid, Albacete e Almería.  

    Todo parece indicar que este operativo ten relación co apresamento dun barco con oito toneladas de hachís a bordo hai uns días no mediterráneo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/redada_pineirino_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/26/redada_pineirino_villa.mp4{/flowplayer}