Un millón de euros para a ampliación do San Tomé e 240.000 para as cubertas do Becerra Malvar

O SALNÉS> Hoxe anunciáronse obras importantes para dous centros educativos do Salnés. En Cambados, hoxe sae a licitación a ampliación do San Tomé por preto dun millón de euros. A intervención inclúe a recuperación dun espazo do faiado no que se albergarán dúas novas aulas, unha biblioteca con sala de radio e dúas aulas de desdobre.En Ribadumia, entra tanto, adxudicouse este venres a substitución das cubertas do Julia Becerra Malvar, para a que se destinarán 240.000 euros.

A ampliación do colexio San Tomé de Cambados arrancará, previsiblemente, este verán. A Xunta sacou hoxe a licitación este proxecto por un importe de case un millón de euros. Unha intervención que se vai prolongar durante nove meses, polo que o curso que vén os traballos teranse que compatibilizar coa actividade lectiva. O Conselleiro de Educación fala dunha obra moi agardada, que suporá unha mellora cualitativa para o centro.

A ampliación superá contar cunha superficie adicional de case 400 metros cadrados.

Por outra banda, o conselleiro tamén anunciou hoxe a adxudicación do cambio de cubertas no colexio Julia Becerra Malvar de Ribadumia por 240.000 euros.

Tanto o equipo do centro como o alcalde salientan que se trata dunha obra moi agardada. O rexedor apunta que esta mellora súmase a outras xa executadas. Agarda tamén axiña boas novas para continuar co proceso de humanización da contorna do colexio.

Unha parte que viría a completar a humanización da rúa Condesa, coa mellora da seguridade viaria nas proximidades do colexio.