O executivo noiés emprega estacas recicladas para reparcelar as praias

NOIA> A entrada na Fase 2 permite tamén o disfrute das praias. E con este tempo que temos aínda máis. Algúns concellos traballan de cara a establecer as súas normas de uso para garantir a seguridade dos bañistas e evitar contaxios.

As comarcas do Barbanza e Muros e Noia poden presumir de moitas cousas. E unha delas son as súas praias. A crise do coronavirus fixo que moitos concellos tiveran que deseñar unhas normas de uso destes espazos para garantir a seguridade dos bañistas e evitar contaxios, unha vez que xa se permite, coa entrada na Fase 2, e a chegada das altas temperaturas, de poder disfrutar dos areais. É o caso de Noia, onde se está a probar un sistema de parcelación na praia de Boa Pequena.

A proposta ten ademais un carácter medioambiental xa que as estacas que se instalan delimitando os espazos son realizadas de material reciclado, principalmente plásticos, recollidos nos propios areais. 

Se a iniciativa resulta, non se descarta estendelo posteriormente a outras praias do municipio como poden ser Boa Grande e Testal.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí