Política Social ampliará as horas do servizo de axuda no fogar en toda Galicia

    PORTO DO SON> Os veciños dos concellos do Barbanza, que o precisen, poderán valorar e certificar o seu grao de discapacidade en Santiago de Compostela, e non na Coruña, como se viña facendo ata o momento. A creación do equipo de Valoración na capital estará dispoñible antes de que remate este ano. O Obxectivo é facilitar o acceso das persoas con discapacidade de Porto do Son, Pobra, Ribeira, Boiro e Rianxo, ao servizo de acreditación do seu grao de dependencia, e axilizar os trámites e as viaxes pertinentes para conseguilo. Antes de que remate o ano, poderán facelo moito máis cerca que ata o momento, na capital galega. O anuncio fíxoo en Porto do Son o Conselleiro de Política Social, durante unha visita ao Campamento Xuvenil Virxe do Loreto. Rey Varela aproveitou a visita para facer outro anuncio aos veciños do concello de Porto do Son. Trátase da ampliación de horas do Servizo de Axuda no Fogar, tanto neste coma no resto dos municipios galegos. A visita do conselleiro a este campamento xuvenil de Porto do Son, non rematou sen unha valoración da relevancia deste tipo de encontros estivais para os máis novos. Un total de 660 mozos e mozas beneficiaránse este verán no Son destes Campamentos Xuvenís que organiza a Xunta de Galicia.