Os boirenses poden presentar as súas propostas ós orzamentos municipais

    BOIRO> Poderano facer a través dun portal cidadá dispoñible na web de Boiro Novo.

     

     

     

    Na liña da súa política de transparencia e participación cidadá, Boiro Novo vén de poñer a disposición daqueles veciños e asociacións que o desexen a posibilidade de presentar as súas propostas e demandas ós orzamentos municipais, actualmente en período de exposición pública. Poderano facer a través da propia páxina web da formación: www.boironovo.org ou no seu perfil de facebook.

    Dende Boiro Novo consideran primordial a participación dos veciños na elaboración dun documento fundamental para a vida do Concello como son os presupostos, e que eles poidan decidir directamente cales son as prioridades que deben acometerse en cada parroquia.