O pleno municipal de Vilagarcía da semana pasada deixou claro que no seo do grupo municipal de Esquerda Unida, conviven a lo menos dúas formas de pensar. Dous concelleiros votaron en contra da ordenanza de terrazas, e un terceiro abstívose, facilitando a aprobación do texto.
Dous votos en contra e unha abstención, ese é o resultado da actuación de Esquerda Unida no Pleno Municipal de Vilagarcía, da pasada semana. Unha decisión de Miguel Alves, a de absterse, que deixou entrever que no seo do seu partido a comunicación non é todo o fluída que se esperaría.
Para o grupo municipal o problema non reside en que o concelleiro Miguel Alves se abstivese na votación pola ordenanza de terrazas, senón en que non comunicou previamente a súa intención. Unha postura que se trata cada mércores, nunha xuntanza da formación, a que Miguel Alves non asistiu, e que segundo o propio protagonista, avisou de que chegaría tarde e cando o fixo, xa non había ninguén.
Unha comparecencia, a de este luns que expón un pouco máis, si cabe, a división interna que reina na formación, nos últimos días.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/01/conflito_eu_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/01/conflito_eu_villa.mp4{/flowplayer}