Morre un bañista afogado na praia de Montalvo

    SANXENXO > Un tráxico suceso conmocionou ós bañistas que se atopaban no areal de Montalvo en Sanxenxo. Un home morreu alí a media tarde do martes. O home, que responde ás iniciais F. C. R. tiña 70 anos e era natural de Ourense. Atopábase en Sanxenxo pasando uns días de vacacións coa súa familia. Aloxábanse nun dos campings que hai na zona de Montalvo e foi precisamente nesta parte da pria cercana ós campings onde perdeu a vida.

    O seu corpo foi visto flotando na auga polos socorristas da praia preto das 6 e 20 da tarde. Inmediatamente sacárono e comprobaron que o seu pulso era moi débil, polo que procederon de inmediato á reanimación. Ademais chamaron ó 061, polo que de inmediato se personou unha ambulancia do parque de Baltar.

    Os servizos médicos tentaron reanimar ó home durante máis de media hora pero finalmente faleceu, sendo trasladado a un dos módulos de salvamento da praia. O suceso causou gran conmoción entre as persoas que se atopaban no areal e vivíronse esceas de gran tristura xa que membros da familia estaban no lugar dos feitos.

    Redacción Salnés