Esquerda Unida oponse á construcción do centro comercial de Rubiáns

    fajardo100_201207_001.jpgVILAGARCÍA > Juan Fajardo deixou ben claro que o seu grupo fará todo o posible para que o proxecto non se poña en marcha.

    Esta mañá produciuse un capítulo máis dentro do que é xa unha longa historia da construcción ou non dun área comercial en Rubiáns.

    Por unha banda, hai uns días o bipartito chegou á conclusión de que a construcción dese centro non encaixa co modelo de cidade que eles defenden para Vilagarcía.

    Por outro lado o PP, que non entende por que se deixou a un lado o estudio de detalle que se fixo sobre o terreo e que contaba con valoracións positivas tanto en aspectos técnicos coma en xurídicos.

    Hoxe, o líder da Esquerda Unida, Juan Fajardo, acusou ós populares de buscar tan só o beneficio propio e non os dos cidadáns, e de facer especulación urbanística con bens de dominio público.

    Un dos grandes problemas que lle ven a este proxecto é que o centro estaría directamente conectado á autopista e á vía rápida, polo que moitos dos visitantes deixarían de pasar pola cidade.

    Fajardo ademais opina que o debate sobre a construcción do centro comercial non só se debería levar a cabo en Vilagarcía, senón que é algo que afecta a toda a comarca.

    Quixo engadir, que de levarse a cabo o proxecto, suporía un grave perxucio para tódolos pequenos comerciantes de Vilagarcía e que se perdería o modelo de cidade que se pretende.

    Redacción Salnés