O programa ‘Galicia Culturea’ achegará a Boiro ‘O zapateiro e o raposo’

    BOIRO> O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaba en Boiro a nova actividade ‘O zapateiro e o raposo’, da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta. A actividade, que percorrerá un total de dezaseis localidades galegas este verán, forma parte das propostas lingüísticas que integran o programa ‘Galicia culturea’. Boiro será un dos dezaseis municipios galegos que este verán acollerán a nova proposta de dinamización lingüística do ‘Galicia culturea’. A actividade baixo o título ‘O zapateiro e o raposo’ ten coma principal obxectivo a promoción do galego, especialmente nos máis cativos, a través dunha sesión de contacontos. ‘O zapateiro e o raposo’ chegará a Boiro o vindeiro 18 de xullo, ás doce da mañá, no Parque da Cachada.