![]()
BOIRO > A corporación municipal celebrou un pleno extraordinario para aprobar o inventario de camiños públicos e o cambio de uso dunha parcela en Espiñeira.
{flowplayer}barbanza/plenopxom.flv{/flowplayer}
Ademais do inventario de camiños públicos e o cambio de uso dunha parcela de titularidade municipal no polígono industrial de Espiñeira, pasándoa de uso comercial a social, para construír alí o futuro centro de formación e o viveiro de empresas, na sesión tratáronse outras cuestións como o sorteo das mesas electorais para as eleccións xerais do vindeiro 9 de marzo.
Suspensión do PXOM
Como non podía ser doutro xeito e a pesar de que non se incluía ningún punto dentro da orde do día, a sesión estivo caracterizada pola polémica sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulaba o PXOM.
Velo aproveitou a súa intervención para arremeter contra o executivo bipartito por non ter levado a cabo a revisión do planeamento.
A intervención do voceiro de Iniciativa Cidadá foi discutida dende o bando do Partido Socialista. O seu portavoz, Xoán Xesús Ares, chegou mesmo a recriminarlle ó alcalde por permitirlle a Manuel Velo un turno de palabra tan longo e que non se axustaba ó punto da orde do día
O voceiro do PP, Xoán Xosé Dieste, foi tamén crítico con Manuel Velo ó que acusou de se-lo verdadeiro culpable do posible parón ó que se enfronta Boiro trala suspensión do PXOM.
Redacción Barbanza










