A asociación de mestres Candea, organiza unhas xornadas sobre biodiversidade

    CAMBADOS > A asociación de ensinantes do Salnés, Candea, organizou unhas novas xornadas pedagóxicas sobre biodiversidade.  Os mestres asistíron no Instituto Asorey de Cambados a conferencias sobre o monte, a súa conservación e a necesidade de conservar o medio ambiente. Complementando as charlas tanto alumnos como ensinantes tiveron a oportunidade de participar nunha exposición sobre a variedade arbórea galega.

     

    O Salón de actos do Instituto Francisco Asorey de Cambados acolleu unhas xornadas para mestres que intentaron transmitir os máximos coñecementos sobre a biodiversidade  e montes para poder transmitilos os seus alumnos. Esta xuntanza na que participan máis de medio centenar de docentes, está organizada pola asociación de ensinantes do Salnés, Candea,  e céntrase na importancia da concienciación ós rapaces do bosque.O encargado de abrir as conferencias foi o director do Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán, Francisco Javier Silva Pando, que falou sobre a conservación da biodiversidade mediante a xestión forestal sostible. Na súa exposición tratou diferentes variedades de montes existentes no mundo facendo fincapé no galego e todas as súas variedades. Para apoiar estas xornadas o centro acolle unha exposición  baseada nas  árbores de Galicia e na súa importancia, e nos productos necesarios para a alimentación e vida dos seres humanos  que saen directamente das árbores. Os nenos participan tamén nesta exposición investigando sobre a procedencia de cada un dos productos expostos.

    Redacción Salnés