A Xunta fai unha achega de un millón de euros para algúns concellos da provincia dentro do Plan de Emerxencias

PONTEVEDRA> A Xunta de Galicia achega un millón de euros para a mellora e arranxo de camiños municipais na provincia de Pontevedra dentro do Plan de Emerxencias. Unha achega que se materializou coa sinatura dos correspondentes convenios cos concellos da provincia que o solicitaron.

 

Os concellos de Meaño, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga asinaron este martes os convenios correspondentes para percibir as achegas da Xunta de Galicia para a mellora de camiños municipais na provincia de Pontevedra dentro do Plan de Emerxencias. 

O Plan de Emerxencias prevé un investimento total, de algo máis de 2,8 millóns de euros, no conxunto de Galicia. A achega da Consellería de Medio Rural para os concellos de Pontevedra que a solicitaron sitúase en un millón de euros.

Este investimento servirá para pavimentar, afirmar, e mellorar diferentes viais nestes municipios. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/02/medio_rural_pontevedra_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/02/medio_rural_pontevedra.mp4{/flowplayer}