Baixan as vendas de peixe e marisco por mor do temporal

RIBEIRA/POBRA> As prazas de abastos da comarca están a notar estes días a baixa no consumo de peixe polo incremento do seu prezo despois de tantos días de mal tempo.

Nos principais peiraos, como é o caso de Ribeira, que concentra a maioría dos barcos da baixura da zona, boa parte da flota permanece estes días amarrada. A chuvia, o vento…e principalmente o temporal no mar, provoca que moitos mariñeiros opten por quedarse na casa ante as complicacións existentes para poder desenvolver o seu traballo. Esta situación estase a deixar notar xa nas principais lonxas, prazas e mercados da zona, a onde non chega estes días gran cantidade de produto fresco e o que hai aumenta considerablemente o seu prezo.

As vendas, polo tanto, resíntense, nunha época como é xaneiro, que xa de por sí non é demasiado boa.