Alfonso Rueda apoia ós candidatos do Barbanza nos actos centrais da campaña

BARBANZA> O Partido Popular do Barbanza celebrou este domingo boa parte dos actos centrais de campaña. O presidente do PPdeG acompañou ó candidato da Pobra nun paseo polo centro da vila, participou nun mitin en Ribeira e rematou a xornada cun xantar en Boiro.

O presidente do PPdeG arroupou ós candidatos populares da Pobra, Ribeira e Boiro nos distintos actos celebrados este domingo na comarca. Un dos máis multitudinarios foi o mitin central de Ribeira onde destacou a valía do candidato Manuel Ruíz.

Pola súa banda, o candidato pediu o apoio á cidadanía para poder gobernar con esa maioría necesaria para seguir construíndo a Ribeira do futuro.

No acto participaron tamén o presidente provincial do PP, Diego Calvo, e a Conselleira de Política Social, Fabiola García, que vai pechando a candidatura do PP ribeirense. Ó seu remate, o presidente do PPdeG desprazouse ata Boiro para participan nun xantar de campaña xunto co candidato Fernando García Diéguez.