500 sinaturas para que odontoloxía volva ó centro de saúde de Baltar

    baltar_copia100.jpgPORTONOVO> A Asociación de Veciños San Cristóbal está recollendo firmas para protestar polo traslado desta especialidade ó novo ambulatorio de Vilalonga. Un cambio que causa malestar entre os usuarios do centro.

    {flowplayer}images/salnes/PROTESTAS_CENTRO_SAUDE_BALTAR.flv{/flowplayer}

    Dende o pasado 28 de xuño os pacientes de Portonovo que precisen dunha consulta odontolóxica deben desprazarse ata o centro de saúde de Vilalonga. O SERGAS decidiu trasladar este servizo ó novo ambulatorio, unha opción que non convence ós veciños da zona.

    A Asociación San Cristóbal iniciou unha recollida de firmas como medida de protesta. Preto de medio centenar de persoas xa se sumaron a esta campaña, pero os organizadores aseguran que continuarán coa iniciativa para conseguir facer presión.

    As complicacións que moitas persoas teñen para desprazarse son os principais argumentos para as protestas dos veciños pola retirada do servizo do centro de saúde de Baltar.

    O traslado do servizo de odontoloxía non é o único que se está a producir. Segundo a Asociación San Cristónbal, numerosos médicos de familia foron enviados polo SERGAS a cubrir as súas consultas en Vilalonga; unha redución de persoal que, para os veciños, xa se está a notar na prestación de servizos do centro de saúde de Baltar.

    Redacción Salnés