Os veciños de Castroagudín comparan o vivido onte co que viviron no 2006

    VILAGARCÍA> O incendio de Saiar rexistrado na tarde de este luns, tamén “puxo o corazón nun puño” dos veciños de Castroagudín, unha parroquia de Vilagarcía, que tivo que ser desaloxada debido a proximidade das lapas as casas.  Este martes eran os seus veciños os que recordaban os momentos de angustia vividos durante a tarde e noite de onte. 

     

    Berta leva toda a súa vivida vivindo nesta parroquia, pertencente a Vilagarcía. Este luns tivo que ser desaloxada, ao igual que o resto de veciños do lugar, pola proximidade das lapas as súas vivendas. Un susto que aínda tardará en esquecer a pesar de que todo quedou neso, nun mal susto. 

    Outra veciña coincide con Berta en que foi un lume que avanzou moi rápido. 

    Ambas veciñas coinciden ao recordar os incendios que hai uns dez anos asolaron Galicia, deixando tras de si un regueiro de fume e cinzas que tinguiu de gris o verán de 2006. Na mañá deste martes o lume xa estaba extinguido, e as brigadas e tamén dous helicópteros estiveron traballando para refrescar a zona e así evitar novos focos. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/09/incendio_vecinos_castroagudin_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/09/incendio_vecinos_castroagudin.mp4{/flowplayer}