Os políticos apuran o reloxo para convencer a uns votantes ‘aburridos’ das campañas

    SALNÉS/BARBANZA> Menos dunha semana para as eleccións municipais e só cinco días para a fin da campaña. A día de hoxe, os partidos fan o sprint final para intentar achegar as súas propostas aos veciños que aínda non teñen decidida a papeleta que meterán o domingo nas urnas. Os votantes, pola súa banda, aseguran que non se deixan convencer nin con mitins nin con propaganda electoral.

     

    A seis días das eleccións municipais, os partidos apuran os tempos para pedir o voto. A estas alturas, os indecisos son o público máis apetecible.

    Pero os veciños non son demasiado receptivos con mitins, carteis e slogans. A maioría dos cidadáns asegura non deixarse convencer coas campañas electorais.

    Algúns van máis aló, e din que cos quince días de campaña os partidos políticos non convencen a ninguén. Cren que a gran parte dos votantes xa sabe que papeleta van meter na urna o vindeiro domingo.

    A pesares desta sensación, seguimos en campaña electoral, e os votantes terán que soportar ata o venres o sprint final que prometen os partidos para convencelos de que lles dean a súa confianza.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/18/enquisa_intencion_voto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/18/enquisa_intencion_voto.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí