A Creba dá a coñecer o traballo dos seus usuarios

    NOIA> Unha vez máis a Asociación A Creba saca os seus obradoiros á rúa para achegar á cidadanía as obras que se realizan nesta agrupación e concienciar ao mesmo tempo sobre o traballo que se fai en favor das persoas con enfermidades mentais e os seus familiares. Un grupo de usuarios da Asociación Pro-Saúde Mental A Creba instalaron unha mesa en plena praza do Concello de Ribeira. Con esta acción o que pretenden non é máis que dar a coñecer o labor que desenvolven a diario no seu centro ocupacional. Que a xente da rúa poida visualizar o traballo, así como desmitificar os clixés que se teñen sobre as persoas con enfermidades mentais. Ademais o xoves celebraráse unha xornada de portas abertas no local da Asociación. Durante esta primeira xornada na rúa os ribeirenses recibiron a iniciativa con interese e foron moitos os que se achegaron a coñecer máis de preto unha realidade que a todos nos pode tocar vivir.