A música será a gran protagonista das festas de agosto en Ribeira

RIBEIRA> Do 3 ó 8 de agosto Ribeira celebrará as súas tradicionais festas de verán. Destacan no programa as propostas musicais, con gran protagonismo das bandas locais, e as actividades para os máis pequenos.

A inauguración dunha escultura en homenaxe a Manuel Ayaso, fillo predilecto do concello, e opregón a cargo do xornalista Antonio Rodríguez Naranjo dará o pistoletazo de saída ás festas de agosto de Ribeira. Será o mércores día 3 ás dez na praza do concello. A partir de entón, Ribeira vivirá seis días de festa cun programa amplo e variado para tódolos públicos.

Ademais de contar con orquestras punteiras como El Combo Dominicano e París de Noia, a comisión aposta este ano polos grupos con representación local. En canto ás propostas musicais, destacan tamén a música tradicional galega co espectáculo de Xisco Feijoo, os tributos a bandas míticas como os Rolling e AC DC ou un festival urbano de DJs para a mocidade.

Recupérase tamén ese ano a tradicional misa e procesión do Carme que será o domingo ás seis da tarde na lonxa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí