Boiro perde o distintivo de Cidade da Ciencia e da Innovación

    BOIRO> Boiro é un dos dez concellos de España que vén de perder o distintivo de Cidade da Ciencia e da Innovación que lle foi outorgado en 2011. A retirada do título, que dispensa o Ministerio de Competitividade, xa está sendo criticada polos distintos grupos da oposición. Esta distinción concedéuselle no ano 2011 a aqueles concellos que realizaban un esforzo para potenciar o coñecemento e as infraestruturas innovadoras. NO caso de Boiro, a creación dun Centro de Formación e Viveiro de Empresas en Espiñeira, que nunca chegou a estar operativa, foi un dos motivos principias para a obtención do título. Desde Boiro Novo lamentan profundamente a perda do distintivo, e que o goberno actual perdese unha subvención da Xunta de 70.000 euros, hai uns meses, e que non tivese aberto xa o Viveiro para ofrecer novas oportunidades laborais os boirenses. Dieste aproveitou a ocasión para anunciar e poñer data ao funcionamento do citado Viveiro de Empresas. Desde o BNG boirense mostraron tamén o seu maletar pola perda do título, e criticaron a “desidia” do goberno do Partido Popular, segundo afirman, co alcalde á cabeza, por perder a oportunidade de que Boiro sexa un referente.