Noia acollerá unha das etapas da Volta Ciclista a Galicia

    NOIA> Noia será este ano un dos municipios protagonistas na décimo quinta edición da Volta a Galicia 2016. A proba, organizada pola Federación Galega de Ciclismo, desenvolverase do 14 ó 18 de setembro. A XV Volta a Galicia arrancará en Noia o próximo 14 de setembro. Farao cunha contrarreloxo por equipos. Será a primeira das cinco etapas das que constará este ano a carreira, á que lle seguirá tamén a saída e a chegada da segunda etapa, a primeira en liña. A partir de ahí o pelotón, que estará formado por un total de 18 equipos, entre eles a selección rusa e varios portugueses, a carreira seguirá por terras lucenses para afrontar a terceira xornada coa etapa Sarria-Sarria. Seguiralle o sábado 17 Ourense con remate en Verín, para rematar en Pontevedra, coa última e decisiva etapa que finalizará en Porriño. Dende o concello noiés destacaron a importancia de poder acoller esta importante proba deportiva.