Moura organiza un mercado benéfico para axudar a saldar a débeda veterinaria da protectora

A POBRA> A protectora Moura celebrará este domingo na Pobra un mercado solidario para recadar fondos. Co gallo da celebración do Día da Nai poñerán á venda e sortearán mediante rifas numerosos produtos doados polas empresas locais que poden servir como agasallo.

O incremento de casos e de concellos nos que traballa a protectora Moura supuxo tamén unha importante suba dos gastos ós que debe facer fronte este grupo de voluntarios que leva anos traballando en favor do benestar animal.  No que vai de ano, a débeda veterinaria que acumulan rolda xa os 10 mil euros polo que toda axuda é pouca.

Ademais de mercar agasallos calquera destes artigos para regalar o día da Nai, aqueles que se acheguen o domingo poderán mercar rifas para entrar no sorteo dos numerosos agasallos doados polas empresas da zona que se implicaron de xeito espectacular nesta iniciativa.

 Ademais destes eventos solidarios, Moura dispón doutros mecanismos para colaborar coa protectora. Ademais da posibilidade de facerse voluntario, a entidade conta tamén cun servizo de timing, a través do que doar un euro cada mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí