![]()
CAMBADOS> Despois da valoración positiva da Festa do Albariño que fixo o equipo de goberno, chega a contestación do portavoz do Partido Popular en Cambados, Luis Aragunde, quen acusa a rexedora e o seu equipo, de intentar “torpedear” os actos do Capítulo Serenísimo, cando a propia alcaldesa participou deses actos o ano anterior.
O portavoz do Partido Popular en Cambados Luis Aragunde convocou este xoves aos medios para facer unha valoración sobre as declaracións do actual goberno da vila, nas que estes, acusaron a Xunta de intentar boicotear a Festa do Albariño.
Segundo Aragunde, o cuatripartito minte, xa que considera que non foron as administracións do PP as que puxeron trabas ao goberno, senón que foron eles mesmos os que fixeron mal os trámites e mesmo non actuaron nada ben co Capítulo Serenísimo, que tanto promociona o albariño e a Cambados.
Segundo o ex alcalde da vila non se entende esta posición da alcaldesa, debido a súa participación no acto do 2015.
Aragunde afirma que con estas actitudes non se ataca ao Capítulo nin ao Albariño si non a unha tradición dos cambadeses e cambadesas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/11/seguimos_capitulo_aragunde_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/11/seguimos_capitulo_aragunde.mp4{/flowplayer}







