Boiro Novo pide mellorar os problemas de climatización da escola infantil do Saltiño

    BOIRO> Boiro Novo levará ó Parlamento, a través do grupo de En Marea, os problemas de climatización na Escola Infantil do Saltiño. Segundo apuntan dende a súa posta en funcionamento, no curso 2015-2016, as instalacións presentan este problema debido ás altas temperaturas que se rexistran no edificio, especialmente nos días de moito sol, provocando situacións incómodas nos nenos que poden mesmo ocasionar problemas de saúde. Por esta razón pídenlle á Xunta a instalación dun sistema de climatización que dea solución a estes problemas.