A Fundación RIA implica ós axentes sociais na humanización do porto de Palmeira

RIBEIRA> A Fundación RIA presentou en Palmeira a primeira fase do estudo para a humanización da fronte marítima da localidade. Veciños e axentes sociais aportaron as súas ideas para a posta en valor deste vila mariñeira.

Dende hai catro anos, a fundación RIA traballa na comarca do Barbanza pola recuperación da identidade cultural as vilas mariñeiras. Nesta liña de actuación está a desenvolver un proxecto para a posta en valor do porto e da fronte marítima de Palmeira para o que xa deseñou un primeiro estudo en colaboración con Portos de Galicia e o concello de Ribeira.

Para realizar unha análise o máis precisa posible do entorno, a fundación implica os axentes sociais de relevancia como pode ser a confraría de pescadores, a asociación de xubilados ou os comerciantes da zona. Son os mellores coñecedores dos antigos usos deste espazo veciñal.

Por esta razón, ó remate da presentación abriuse un coloquio no que os asistentes puideron realizar as súas achegas para incluír este proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí