Touri e Carlos Blanco axudan ás mariscadoras da Illa a loitar contra os ‘furtivos de bañador’

A ILLA> As mariscadoras da Illa de Arousa están fartas de que cada verán os turistas rouben parte do seu marisco. Para concienciar ós coñecidos como “furtivos de bañador” lanzaron unha campaña protagonizada polos actores Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán. A idea que queren transmitir é moi clara: o marisco non nace só, non é como as amoras das silveiras.

Touriñán teno claro, e Carlos Blanco tamén, pero moitos turistas que visitan a Illa de Arousa aínda non: o marisco non nace só e é non é de todos, senón de quen o traballa. As mariscadoras da Illa, fartas dos roubos nas súas zonas de produción, decidiron lanzar unha campaña para defende-lo seu traballo.

As mariscadoras recoñecen que o incremento do turismo non últimos anos está complicando a súa actividade. O que piden é que se teña en conta a súa actividade á hora de gozar dos areais. Cren que ambas actividades son perfectamente compatibles, se respectan o seu traballo.

O vídeo está protagonizado por Carlos Blanco e Touriñán. Nel participaron tamén moitas das mariscadoras insulares, que quedaron encantadas coa experiencia audiovisual. A campaña está acadando moita sona nas redes sociais. Cren que é o toque de atención definitivo para que ninguén poña escusas cando é pillado na allada.