A marea vermella obriga a pechar bancos marisqueiros no sur

    VILAGARCIA> A marea vermella segue a avanzar nas Rías Baixas, ata o punto en que hoxe pecharon case tódolos polígonos bateeiros da Arousa e xa comezaron tamén a clausura de áreas de marisqueo nas rías de Pontevedra e Vigo pola afección ós demais mariscos.

    O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño ven de decretar o peche hoxe de case tódolos polígonos bateeiros da Ría de Arousa, amais dalgunhas zonas marisqueiras. Estas medidas están provocadas polo avance da marea vermella provocada por toxinas lipofílicas que empeza a tomar un cariz virulento. A estas horas están pechados os bancos marisqueiros da ría de Pontevedra e cadanseu na ría de Vigo; así como en Ares, Cedeira e Camariñas. Segundo o INTECMAR as toxinas lipofílicas xa chegaron a afectar nestes puntos a mariscos infaunais; primeiramente ás ameixas. As características deste episodio lembran moito ás do acontecido o outono pasado, no que as rías estiveron pechadas varias semanas. Este paralelismo tamén o fan os distintos sectores bateeiros, depuradores, conserveiros e mariscadores que non deixan de chamar a esta sede do INTECMAR en Vilaxoán, e de consultar a súa páxina web www.intecmar.org que se actualiza con máis frecuencia aínda nestes días. Polo de agora a única ría que se está librando deste episodio tóxico é a da Ría de Muros; porén a producción desta zona é insuficiente para abastecer o mercado que xa empeza a apuntar carestía de producto en fresco e do destinado para a transformación. Con todo desde o INTECMAR garanten que todo o producto que chega ó consumidor final polos canles legais conta cas máximas garantías para ser consumido.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/13/toxina.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/13/toxina_intecmar.mp4{/flowplayer}