A Asociación de Sumilleres Gallaecia avalía 167 viños da DO Rías Baixas

    PONTEVEDRA> O Pazo de Mugartegui acolleu este luns a dos viños da denominación de Orixe Rías Baixas por parte da Asociación de sumilleres de Gallaecia para seleccionar aos finalistas do concurso Distinguidos Gallaecia 2016. 

     

    Unhas 167 marcas da Denominación de Orixe Rías Baixas foron avaliadas este luns pola Asociación de Sumilleres Gallaecia , no Pazo de Mugarteguí. Nesta ocasión o plantel da cata estivo formado por sumilleres, distribuidores, prensa especializada e hostaleiros, que puxeron nota a caldos brancos, rosados ou espumosos. 

    Aínda que a meirande parte dos viños pertencían a anada 2015, os especialistas puideron valorar outras edicións. 

    Da cata de este luns e as levadas a cabo nos restantes denominacións de orixe galegas realizaráse unha selección de aqueles viños cuxa puntuación sexa superior a 84 puntos sobre 100.

    0{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/22/cata_pazo_mugartegui_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/22/cata_pazo_mugartegui.mp4{/flowplayer}