Cea solidaria no Real Club Náutico de Sanxenxo para sufragar o arranxo do retablo da igrexa

    SANXENXO> Dolores e Macarena son dúas mulleres que a pesar de non ser de Sanxenxo, senten que forman parte da vila, e por iso están a organizar unha cena para recadar fondos que se destinaran ao pago da restauración do Retablo da Capela de Sanxenxo, que ascende a uns 27.000 euros en total. 

     

    O Retablo da Capela de Sanxenxo necesitaba un arranxo debido ao deterioro do paso dos anos e a labor das termitas que estaban afectando a boa parte do mesmo. Uns traballos que o seu restaurador están a piques de rematar. 

    Maca e Dolores son dúas mulleres que debido ao cariño e os bos recordos na vila tras moitos veráns compartidos en Sanxenxo, decidiron organizar unha cena no Real Club Náutico da vila, para conseguir recadar fondos cos que axudar ao pago da restauración.  A cea celebrárase o mércores as nove e media, e terá un custe de 32 euros por comensal. 

    Numerosos son os comercios locais que colaboraron coa iniciativa destas veciñas doando algún produto, que será sorteado trala cea, previo pago dunha rifa.

    Ademais os que queiran participar, pero non poidan acudir a cea, tamén haberá un cuberto cero, é dicir, pódese doar o importe íntegro do prato a restauración do retablo. Todos os que queiran asistir só teñen que chamar o Real Club Náutico e reservar a su praza. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/22/previa_cea_benefica_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/22/previa_cea_benefica.mp4{/flowplayer}