Boiro recoñece os éxitos dos deportistas do Suh Sport taekwondo

    BOIRO> O concello de Boiro rendíu homenaxe esta fin de semana aos campións e campioas do Club Suh Sport de Taekwondo da localidade. O alcalde recibíu aos cinco mozos que destacaron nas últimas competicións, e tralo acto houbo unha exhibición na rúa peonil do concello. A recepción tivo lugar o sábado á mañá no salón de plenos do concello de Boiro, ante o resto dos seus compañeiros do Club Suh Sport. Un recoñecemento máis ca merecido aos campións de taekwondo boirenses, por parte dos seus veciños. O alcalde entregou un distintivo e novo material da equipación aos deportistas homenaxeados. Alba Caamaño, campioa de España en 2015 e 2016 na categoría Senior, Alba María Pérez Parrado,Campioa de España en Cadete e Medalla de Bronce no Open de España; Javier Torrado Martínez, subcampión de España na categoría de Cadete, Zoraida Rey Calo, Bronce no Campionato de España de Cadete e Carla Muñiz Lago, Bronce no Open de España Junior Ao rematar a recepción no concello, os boirenses puideron desfrutar dunha exhibición dos seus campións de taekwondo na rúa peonil do concello.