Durán di que hai que levar o campo ó Terrón para facer o paseo das Sinas

    gonzaloduran100_200407.jpgVILANOVA > Novo capítulo do campo de fútbol de Vilanova. O Concello recibiu xa o proxecto da primeira fase do paseo marítimo das Sinas…

    … e afirma que afecta ás instalacións deportivas existentes. O alcalde pide á oposición que moleste menos e permita levar o campo para o Terrón para que poidan facerse as dúas obras.

    proxectopaseosinas_200_200407.jpgO Concello de Vilanova acaba de recibir a Información pública da primeira fase do proxecto do paseo marítimo das Sinas. E o asunto acaba de afondar aínda máis no conflicto do campo de fútbol do Terrón. O alcalde afirma que neste proxecto o Ministerio de Medio Ambiente esixe ó Concello que dispoña de máis de 8.700 metros cadrados no campo de fútbol das Sinas e pídelle que o traslade. Para o rexedor isto deixa unha cousa moi clara, hai que facer o campo no Terrón o que deixa en evidencia á oposición que pedirá no pleno do vindeiro martes que esta infraestructura se faga no mesmo sitio onde está agora, ou sexa nas Sinas.

    O goberno municipal asegura que porán eses metros a disposición de Costas do Estado para que o Barrio de San Pedro poida ter o paseo e o parque proxectados polo Ministerio de Medio Ambiente. Pero pediu, sobre todo ó PSOE local, que non moleste máis no asunto do Terrón para poder cambiar o campo de fútbol de sitio. Sobre as palabras de Rodrigo Santiago na súa presentación para facer un campo urbano, o alcalde retouno a que diga xa se será nas Searas, en Cálogo ou en Fontán. Durán cre que non haberá que chegar a expropiacións, xa que seis das parcelas afectadas xa son municipais e o resto afeccións menores que xa están a negociar.

    Redacción Salnés