CALDAS> O último gran premio do sorteo de Nadal fixo de Cuntis o concello máis agraciado de toda Galicia. A vila repartiu máis de 5 millóns de euros en premios. Foi a través dun cuarto premio que se vendeu na súa maioría no concello de Moraña. Nesta vila ademais selouse un quinto premio de máquina.
O bar alborada de Moraña era onte, e probablemente o sexa durante todo o nadal, unha auténtica festa. Preto do final da penúltima táboa, o número 49797 era agraciado co último gran premio do sorteo, un cuarto premio que beneficia con 20 mil euros a cada décimo.
O bar Quico de Cuntis foi o que repartiu este número, vendido na súa maioría polo bar Alborada de Moraña. O cuarto premio deixou cinco millóns de euros na comarca.
O premio foi moi repartido, xa que se venderon 250 décimos deste número.
Tapar ocos e pasar un bo Nadal son as prioridades para gastar os cartos.
Este non foi o único premio que o sorteo deixou en Moraña. Un boleto selado pola máquina no bar Xolda foi premiado con 6 mil euros ao coincidir cun quinto premio.