SANXENXO> Produtores e amantes do viño déronse cita en Sanxenxo na segunda edición de ‘Viños a Piñon’. A xornada, impulsada polo Real Club Náutico da localidade, contou con distintas catas. Unha experiencia, explican, adicada ao descubrimento de viños menos coñecidos e singulares. No acto participaron medio cento de viticultores, hostaleiros e afeccionados.
Segunda edición de ‘Viños a Piñón’ no Real Club Náutico de Sanxenxo.
Porque esa é a esencia deste evento: unha xornada dedicada ao descubrimento, a conversa e a gozar arredor dos viños.
Precisamente estas xornada ía dirixida tanto a produtores como a amantes do viño.
‘Viños a Piñon’ busca ademais marcar a diferenza, sendo escaparate de adegas e marcas menos coñecidas, así como de viños singulares.
Raúl Pérez foi o protagonista dunha das tres catas que se organizaron no marco desta iniciativa. O seu relatorio artellouse arredor do territorio, a intuición e a busca da perfección.
No evento os viños de Galicia tiveron unha presenza destacada, xunto con producións doutros territorios, con viños doutros puntos de España e mesmo de Francia, Portugal ou Italia.











