O Boiro cae ante o Lealtad na súa estrea en Segunda B

    BOIRO> Mal debut do Club Deportivo Boiro na 2ª B. Os boirenses caían derrotados odomingo en Barraña por cero goles a un co Lealtad. Non foi o debut soñado, nin por xogadores nin tampouco pola afección. A estrea do Club Deportivo Boiro na 2ª División B saldouse cunha derrota. A primeira da tempada. O Lealtad mostrouse máis experimentado, facéndose coa vitoria grazas a un tempraneiro gol de Alberto cando apenas levaban transcorridos sete minutos do encontro. Nesta primeira parte o dominio foi para os visitantes, que mesmo dispuxeron de algunha ocasión máis para aumentar a renda. Á volta dos vestiarios os de Fredi mostraron a súa mellor cara. Neste tempo varias foron as ocasións nas botas de Romay ou Herbert. O colexiado mesmo chegou a anularlles un gol por unha posible falta dentro da área e reclamaron un penalti por unha caída na área de Rubén Rivera. Ningún dos equipos galegos nesta categoría conseguiría onte a vitoria. O Celta B empataría a uns co Multivera. Idéntico resultado obtido polo Coruxo co Valladolid B e o Pontevedra co Guijuelo. O racing de Ferrol empataría a cero co Cuadal e o Somozas caería por dous goles a cero co Osasuna B.