Douscentos corredores participarán no Trail Castro Barbudo en Rianxo

RIANXO> Preto de douscentos corredores tomarán parte no Trail Castro Barbudo que se celebrará en Rianxo este domingo.  Ás once da mañá tomarán a saída dende o polideportivo de Canpo Maneiro para percorrer unha distancia de preto de quince quilómetros cun desnivel acumulado de 710 metros Este ano o percorrido inclúe importantes novidades con respecto á pasada edición. Ó remate da proba terá lugar a entrega de trofeos ós gañadores da carreira e do circuíto Ultratatrail que se pecha en Rianxo. Recibirán trofeos os tres mellores clasificados en categoría masculina e feminina así como os tres mellores equipos de circuíto.