Ferido un mariñeiro de Rianxo tras chocar contra unha batea

RIANXO> Un mariñeiro de Rianxo resultou ferido de consideración esta pasada noite despois de que a súa embarcación chocara contra unha batea. Ó parecer o mariñeiro atopábase traballando ó xeito nunha zona próxima ó Polígono C da Pobra do Caramiñal.

Por causas que polo de agora se descoñecen, acabou colidindo coa súa lancha contra a batea. O impacto provocoulle un forte golpe na cabeza.

Aínda así foi quen de avisar co seu propio teléfono móbil ó 112, que iniciou un operativo de emerxencias, mobilizando a unha ambulancia medicalizada ata o peirao de Cabo de Cruz para atender ó ferido.

Ata o lugar achegouse tamén unha patrulla da Garda Civil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí