Percorremos a Ría da Estrela a bordo do ‘Joaquín Vieta’

MUROS/NOIA> Navegamos a bordo do balandro Joaquín Vieta para percorrer a ría de Muros-Noia nunha das rutas que promove a Ría da Estrela e que sirve de promoción ó turismo industrial. Unha viaxe excepcional por un marco incomparable que nos fixo achegar á historia da industria conserveira e da carpintería de ribeira, tan importante nesta comarca.

Embarcamos dende o porto do Freixo para iniciar un percorrido pola ría de Muros-Noia e descubrir outra ollada da comarca dende o mar. Imos da man da asociación A Ría da Estrela, que agrupa os concellos de Noia, Muros, Outes, Lousame e Porto do Son.

Con esta travesía marítima, a bordo do vello balandro Joaquín Vieta, preténdese dar a coñecer o rico patrimonio natural da zona, poñendo de paso en valor tamén o seu tecido industrial tradicional vinculado á industria conserveira e da carpintería de ribeira.

Para aqueles que desexen disfrutar dalgunha destas rutas recordarlles que o poderán facer tódolos venres, sábados e domingos. A saída é ás doce da mañá dende o peirao do Freixo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí