PONTEVEDRA> Falamos doutra desaparición, dunha que ata o de agora segue sen resposta. Hai xa sei anos que non se coñece o paradoiro da pontevedresa Sonia Iglesias. Como cada aniversario, a súa familia, coñecidos e veciños da cidade saíron onte á rúa para que o ocorrido non quede no esquecemento.
O pasado 18 de agosto cumpríronse 6 anos da desaparición de Sonia Iglesias. Onte, familia, coñecidos e multitude de pontevedreses volveron saír á rúa como en cada aniversario, para continuar demandando respostas.
Quen puxo voz a esta determinación foi a irmá de Sonia, Mari Carmen Iglesias. Dende a Praza da Ferrería, recoñeceu que a familia tivo momentos de desánimo, aínda que prometeu non rendirse e loitar para coñecer a verdade.
Nada se sabe do caso da desaparición desta pontevedresa, da que se perdeu todo rastro o 18 de agosto de 2010 no centro de Pontevedra. A causa xudicial leva máis dun ano arquivada por falta de novos datos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/25/sexto_aniversario_sonia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/25/sexto_aniversario_sonia.mp4{/flowplayer}