Pontevedra reivindica o papel das mulleres no rural galego

PONTEVEDRA> Un centenar de mulleres convértense estes días nas protagonistas da intervención artística “Inside Out: Mulleres [Rur]Urbanas”. Unha exposición dispoñible en diferentes puntos da cidade e que ten como obxectivo poñer en valor o traballo que fan no rural galego.

104 mulleres do rural galego protagonizan, dende hoxe, esta intervención artística enmarcada no 8M. Unha iniciativa titulada “Inside Out: Mulleres [Rur]Urbanas” e baseada no proxecto do artista francés JR. No proxecto colaboraron as estudantes de Belas Artes.

Este proxecto foi desenvolvido en máis de 140 países. Con el, preténdese reivindicar a importancia do rural galego e o papel que teñen as mulleres naqueles espazos reservados tradicionalmente para os homes.

As fotografías que conforman este proxecto están xa dispoñibles na Casa Consistorial, na Casa das Campás e na facultade de Belas Artes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí